sábado, 8 de octubre de 2011

Xaquín Xesteira

Xefe de estudos
Mestre
Materias: Gaita. Conxunto Instrumental II e II (Bás), II (MED). Práctica Orquestral. Aula Aberta de Banda de Gaitas.


Xaquín Xesteira Entroncado dende neno na música tradicional, tivo como principal mestre ao gaiteiro Nando Casal. Cursou estudios de gaita no que no seu momento era o Conservatorio Superior de Música de Vigo. Participou como gaiteiro e percusionista en varios concertos do grupo MILLADOIRO, e na gravación dos discos "Os Tempos Son Chegados", do grupo NA LÚA, "Sempre e Máis Despois" de FUXAN OS VENTOS, “Albeida” e “Cantos Caucanos” de RODRIGO ROMANÍ, “O Aghinaldo” de MALVELA, “Meniños Cantores” producido por PAI, e “O quiquiriquí” da Asociación de Gaiteiros Galegos.

Foi produtor artístico dos traballos discográficos da AGRUPACIÓN ABERTAL de A Rúa de Valdeorras (Ourense), PEDRAQUETIÑA (Toutón-Mondariz) e CANTIGAS E AGARIMOS (Santiago de Compostela).

Presidente da Fundación Sondeseu e director das Seccións de Gaita e Percusión da Orquestra Folk SondeSeu. Autor do libro- cd MÉTODO DE GAITA GALEGA I e MÉTODO DE GAITA GALEGA II publicados no ano 2007 por Edicións do Cumio.

Compoñente e cofundador do grupo TREIXADURA con quen ten editado 7 traballos discográficos; e tamén é compoñente do grupo OS FAÍSCAS DE SOLOBEIRA.

Dende xuño de 2015 é director do coro CANTIGAS E AGARIMOS, de Santiago de Compostela con quen editou o traballo discográfico titulado O CORAZÓN ABERTO (2018).

É director da Orquestra Folk SonDeSeu e coordenador das seccións de Gaita, Percusión e Contrabaixo. É patrono da Fundación SonDeSeu.

Foi mestre de gaita e percusión no Departamento de Música Tradicional da Escola de Artes e Oficios Municipal de Vigo e na actualidade é mestre de gaita na ETRAD (Escola de Música Folk e Tradicional do Concello de Vigo).

Anxo Pintos

Mestre
Community manager
Materias: Zanfona. Conxunto Instrumental I II (AVAN). Práctica Orquestral, Análise e Armonía I, II. Aula Aberta de Zanfona.


Músico multiistrumentista e compositor. Comezou os seus estudos musicais

aos 8 anos, dacabalo do Conservatorio Superior de Música de Vigo, do seu

pai Suso Pereira e do Obradorio de Instrumentos Musicais Populares

Galegos que dirixía Antón Corral, chegan- do a incluir na nómina dos

instrumentos que toca a gaita, zanfona, violín, saxo soprano e frauta de bico.

Cofundador do grupo de gaitas "Alfolíes", do Grupo Didáctico de

Instrumentos Musicais Populares Galegos, da Banda de Gaitas "Xarabal", do

grupo "Matto Congrio", co que gra- vou o seu único traballo en 1991.

Fundador de "Berrogüetto" en 1995 con quen gravou 5 discos:

"Navicularia"(1996), "Viaxe por Urticaria" (1998), "HEPTA" (2001),

"10.0" (2006) e "Kosmogonías"(2010). Fundou o trío "Lizgairo" xunto a

Rodrigo Romaní e Xosé Liz, gravando "Diacronías" en 2009.


Recibiu numerosos premios entre os que destacan o premio da crítica de

Alemaña ao me- llor álbum folk 1996 e 2001. Premio ao mellor grupo folk

europeo (1997). Unha nominación aos Grammy Latinos (2002). Premio

Opinión ao mellor disco galego do ano con Be- rrogüetto (2002), Lizgairo

(2009) e SondeSeu (2011). Premio da Academia á mellor can- ción en galego

no ano 2011 con Berrogüetto. Premio da Música “Martín Códax” a mellor

grupo folk 2013. Premio da Crítica de Galicia de música 2014. Premio Mestre

Mateo 2014 á mellor banda sonora. Premio Andaina Senlleira de “La

Opinión” 2015. Participa no CD"Sing Me Home" de Yo-Yo Ma e a Silk Road Ensemble que levou o GRAMMY a mellor disco de World Music do 2017.


Compositor de numerosas pezas instrumentais, algunhas delas forman parte

do repertorio de bandas tanto nacionais coma internacionais. Ten colaborado

con músicos e grupos entre os que cabe citar a: Milladoiro, The Chieftains,

Los Piratas, Rodrigo Romaní, Susa- na Seivane, Mercedes Peón, Uxía,

Chouteira, Pilocha, Antón Seoane, Alfolíes, Sandeep Das, Wu Tong.

Productor artístico de Riobó e Rústica (Cristina Pato, Davide Salvado, Ro-

berto Comesaña e Anxo Pintos). En 2018 publícase Beiralúa, o último

traballo da Orquestra Folk de Galicia SonDeSeu no que aparece a súa obra

San Martiño, unha suite de 15 min. de duración. No 2019 tamén, asina a

música do espectáculo de danza, Entresoños para a compañía de Fran

Sieira. En 2023 compón a Suite Micelio para arpa Céltica e Orquestra Folk

estreada pola OFG SonDeSeu no Noia Harp Fest

A súa actividade escénica levouno a ser convidado polo virtuoso chinés do

Sheng, Wu Tong, ata en catro ocasións entre o 2019 e 2020. Na cerimonia

de clausura da Beijing EXPO 2019 diante do presidente Li, na cerimonia de

clausura do Festival Internacional de Cine de Hainan, na gala da final

mundial do Chinese Bridge do Instituto Confucio e no Spring Festival de Hot-

hot en Inner Mongolia en xaneiro de 2020.


En 2019 funda xunto a Begoña Riobó o dúo PÄRBO que canaliza en boa

medida a súa actividade escénica presente.


No eido da zanfona, foi precursor á hora de elaborar e sistematizar unha

técnica que permitira abranguer a aprendizaxe e interpretación do repertorio

tradicional galego. Froito deste traballo, é posible apreciar hoxendía a

influencia da súa laboura á hora de entender este instrumento en Galicia. Foi

mestre de zanfona durante once anos no Departamento de Música Tradicional da Escola de Artes e Oficios Municipal de Vigo. Na actualidade é

presidente da Fundación SondeSeu e compatibiliza o seu labor na ETRAD

(Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo) como mestre de

zanfona, harmonización e arranxos, conxunto instrumental I, II do Itinerario Avanzado, Aula Aberta de Zanfona e community manager, co da direción da sección de zanfonas da Orquestra Folk de Galicia "SonDeSeu".




Alfonso Franco

Mestre

Materias: Violín Folk, Linguaxe Musical, Harmonía Elemental, Historia Xeral da Música, Historia da Música Galega, Aula Aberta de Corda Frotada.



Bolseiro na Xoven Orquestra Galega.Posuidor do Grao Profesional de Violín polo Conservatorio de Santiago.
Primeiro ciclo da carreira de Veterinaria na Universidade de Santiago de Compostela.

Na súa carreira como intérprete colaborou en gravacións e directos con grupos tan dispares como Sinistro Total ou Heredeiros dá Crus no rock; Os reis do KO en blues; cantautores como Javier Álvarez ou Jorge Drexler e Milladoiro ou Emilio Cao dentro da música folk. Paralelamente desenvolveu os seus propios proxectos musicais, como Galerna ou Tebra
Durante máis de quince anos formou parte do dúo de Arpa céltica e Violin coa arpista Paula Oanes, con quen actuou en Polonia, Francia, Portugal e Reino Unido e percorreu case a totalidade das capitais de provincia españolas en promocións turísticas de Galicia.
Violinista en Centro Dramático Galego: "A Lagarada" de R. Otero Pedrayo 
Violinista en Chévere: "Valle Inclán Pirata", que se representou en varios portos de España e Portugal a bordo dunha goleta centenaria.
Produciu e interpretou a música de numerosas películas de cinema mudo: The Kid, Dr. Jekyll & Mr. Hyde, Oliver Twist, O gabinete do Dr. Caligari, Amencer, etc. 

Imparte clase desde hai 20 anos na ETRAD 
Das súas aulas xurdiu o xerme da escena actual do violín folk galego.   
Desde o ano 2001 é coordinador da sección de corda da orquestra folk SONDESEU 
Representante de Galicia nos NAFCO (North Atlantic Fiddle Convention), celebrados en Canadá, Escocia, Irlanda e Cape Breton, onde presenta diversos relatorios e clases maxistrais de música galega.  
Nos anos 2011 e 2012 Alfonso Franco foi convidado por Alasdair Fraser a dar clases en California, no prestixioso curso Sierra Fiddle Camp, dedicado a Galicia.

Fundador e Director da  Asociación cultural "Galicia Fiddle" 
Creador dos proxectos
·       Sementeira de iniciación ao violín desde a infancia
·       San Simón Fiddle, campamento musical na illa de San Simón. 
·       Encordass: Curso internacional de verán de instrumentos de corda 
·       Galicia Fiddle Orquestra: formada polos mozos músicos xurdidos do SSF 

Alfonso visita desde o ano 2014 os distintos países aos que se dedica o curso de verán ENCORDASS, establecendo relacións con distintas agrupacións culturais e ONGs grazas ás cales é posible becar alumnos en risco de exclusión para coñecer a cultura galega, e así mesmo compartir cos nosos alumnos as súas experiencias vitais e musicais: India 2015, Beijing 2016, Veracruz 2017, Países Árabes 2018, Hungría 2019,                

O traballo desenvolvido por Alfonso ao redor do violín galego valeulle ser portada da prestixiosa revista "Fiddler Magazine", na que dedicaron un extenso artigo ao panorama galego do violín folk.

Xosé Liz de Cea

Mestre

Materias: Requinta, Corda Pulsada, Práctica Orquestral, Sonorización e gravación, Aula Aberta de Corda Pulsada e Requinta, 

Foto: Cristina Brea Lodeiro


 Un dos músicos máis completos e activos do panorama musical galego, formado en agrupacións como “Xarabal”, “Opentunning” ,”Blanco”... Coordina a sección de Requinta da Orquestra Folk de Galicia "SondeSeu". É o mestre de Requinta e Corda Pulsada na e-Trad Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo , Laboura que comparte coa actividade escénica nas bandas de: “Ardentía”, “Beladona”, “Entre Trastes”, “Lizgairo” “Anxo Lorenzo”, "SondeSeu" e "Riobó"

Chuco Estévez

Mestre
Materias: Percusión Tradicional, Ritmos e Xéneros da Música Tradicional.

Foto: Anxo Pintos

Iniciou a carreira de percusión tradicional da man de D. Enrique Otero Covelo (mestre de gaita no Conservatorio Superior de Vigo) como integrante na formación “Amieiros do Lagares” (Vilar – Lavadores) anos 80. Participa tamén na Banda de Gaitas Raigames (1981) dirixida polo mesmo mestre, facendo esta de lugar de encontro con outros músicos cos que mais tarde cofunda o “Colectivo Paseniño”(1982) realizando o primeiro rexistro sonoro en colaboración co contacontos “O Xestal” (Dial Discos, S.A.1988). É colaborador do gaiteiro “Ricardo Portela” ó que acompaña en diversas actuaciós e tamén na gravación do disco “Alborada en Cotovade” (Edigal. 1990) derradeiro traballo do mestre. Forma parte dende o 1997 do grupo “Chouteira” co que grava o CD “Ghuaue” (1998) e “Folla de lata” (2001) Realizou a través da súa carreira diferentes colaboracións  ocasionais con grupos como Noitarega, Muxicas, Matto Congrio, Pärbo... así como colaboracións con distintas formaciones corais de Vigo

Foi mestre do Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín no que ademáis de impartir clases ten realizado diversos cursos de distintos estilos de  percusión da man de mestres coma Eliseo Parra (percusións tradicionais da Península Ibérica), Dominic Molard (tabla India), Marcos Teira (palos flamencos), Xurxo A. Toncoso (percusión brasileira), Pedro Estevan (percusión manual e Música antigua)…

Acada a titulación de Grao Profesional en Percusión  no Conservatorio Mayeusis de Vigo no ano 2017.

Na actualidade imparte a especialidade de Percusión Tradicional e a asignatura de Ritmos e Xéneros da Música Tradicional na Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo ETRAD.

Begoña Riobó Agulla

Mestra
Materias: Arpa Céltica, Etnomusicoloxía, Conxunto Instrumental, Aula aberta de Arpa Céltica.

Estudou Arpa Céltica con Rodrigo Romaní, violín clásico con Natalia Soltan, Armando Toledo e Serguei Maximov, zanfona con Anxo Pintos, violín folk con Alfonso Franco e Jacky Molard. 

Licenciada en Historia da Arte, especializada nos itinerarios de música e arte contemporánea. Titulada profesional de Violín. Begoña é unha violinista de referencia no panorama folk gallego. No eido da música, co- meza a súa andaina profesional no ano 2000. 

Formou parte da banda de “Carlos Núñez” durante sete anos, experiencia que a levou a gravar 4 traballos discográficos: “Almas de Fisterra” (Sony 2003), “Carlos Nuñez e Amigos (Sony 2004), (Premio da Musica ó mellor disco de música tradicional 2005). “Cinema do mar “ (Sony 2005), e “Nuit Celtique II” DVD en directo no Stade de France (2003); a pisar teatros e festivais ao longo e ancho dos cinco continentes e a tocar coas primeiras figuras do panorama folk, entre os que cabe citar a Noa, The Chieftains, Dan Ar Braz, Sharon Shanon, Solas, etc. 

Foi membro fundador do grupo “Irtio” obtendo o 1º premio no Concurso de Música Folk "Xacobeo ́99" e con quen gravou o seu 1o CD "Mar de Pedra" (Discmedi 2002). 

Durante os cursos 2007-08 e 2008-09, impartiu asignaturas vencelladas ao departamento de Historia da Música do Conservatorio Superior de Música de Vigo. 

Forma parte da sección de violíns da Orquesta Folk de Galicia "SondeSeu" con quen gravou "Mar de Vigo", "Trastempo", “Barlovento", "Danzas Brancas” e “Beiralúa”, traballo no que gravou como violín solista a suite San Martiño. Foi colaboradora habitual nos directos do trío “Lizgairo” e dos gaiteiros: “Anxo Lorenzo”, “Susana Seivane” e "Xosé Manuel Budiño” entre outros. 

Liderou ata o 2017 a súa propia formación: "Riobó", coa que ten editada dous traballos discográficos: "Riobó" (Zouma 2011) e "Quiral" no 2015. 

Imparte cursos volcados no ensino do violín no eido da música tradicional como o curso do Festcat en Girona (2011), e o "Crisol de Cuerda" dende o ano 2011 ata 2019, o único Fiddle Camp que Alasdair Fraser e Natalie Hass organizan en España.
Foi mestra tamén no 2018 no "Skye Trad Strings”, campamento que organiza Alasdair Fraser na Illa de Skye (Escocia), nas dúas edicións do Barcelona Fiddle Congress, ou no San Simón Fiddle, o campamento de verán organizado pola asociación Galicia Fiddle en todas as súas edicións, incluída a de 2021. En agosto de 2019 foi mestra de violín Folk no “Valley of the Moon Fiddle Camp” de California (EUA), que dirixe Alasdair Fraser. Tamén na edición de 2021. 

Como arpista, exerceu de solista na estrea da Suite “Micelio” de Anxo PIntos, celebrada no Noia Harp Fest de 2023 pola Orquestra Folk de Galicia SonDeSeu, e a toca no dúo Pärbo, o seu actual proxecto escénico dende 2019, xunto ao zanfonista Anxo Pintos.

É mestra de Arpa Céltica, Conxunto Instrumental, Etnomusicoloxía, Aula Aberta de Arpa e Práctica Orquestral na Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo ETRAD e coordinadora da sección de violíns da Orquestra Folk SonDeSeu.