sábado, 8 de octubre de 2011

Anxo Pintos

Mestre
Community manager
Materias: Zanfona. Conxunto Instrumental I II (AVAN). Práctica Orquestral, Análise e Armonía I, II. Aula Aberta de Zanfona.


Músico multiistrumentista e compositor. Comezou os seus estudos musicais

aos 8 anos, dacabalo do Conservatorio Superior de Música de Vigo, do seu

pai Suso Pereira e do Obradorio de Instrumentos Musicais Populares

Galegos que dirixía Antón Corral, chegan- do a incluir na nómina dos

instrumentos que toca a gaita, zanfona, violín, saxo soprano e frauta de bico.

Cofundador do grupo de gaitas "Alfolíes", do Grupo Didáctico de

Instrumentos Musicais Populares Galegos, da Banda de Gaitas "Xarabal", do

grupo "Matto Congrio", co que gra- vou o seu único traballo en 1991.

Fundador de "Berrogüetto" en 1995 con quen gravou 5 discos:

"Navicularia"(1996), "Viaxe por Urticaria" (1998), "HEPTA" (2001),

"10.0" (2006) e "Kosmogonías"(2010). Fundou o trío "Lizgairo" xunto a

Rodrigo Romaní e Xosé Liz, gravando "Diacronías" en 2009.


Recibiu numerosos premios entre os que destacan o premio da crítica de

Alemaña ao me- llor álbum folk 1996 e 2001. Premio ao mellor grupo folk

europeo (1997). Unha nominación aos Grammy Latinos (2002). Premio

Opinión ao mellor disco galego do ano con Be- rrogüetto (2002), Lizgairo

(2009) e SondeSeu (2011). Premio da Academia á mellor can- ción en galego

no ano 2011 con Berrogüetto. Premio da Música “Martín Códax” a mellor

grupo folk 2013. Premio da Crítica de Galicia de música 2014. Premio Mestre

Mateo 2014 á mellor banda sonora. Premio Andaina Senlleira de “La

Opinión” 2015. Participa no CD"Sing Me Home" de Yo-Yo Ma e a Silk Road Ensemble que levou o GRAMMY a mellor disco de World Music do 2017.


Compositor de numerosas pezas instrumentais, algunhas delas forman parte

do repertorio de bandas tanto nacionais coma internacionais. Ten colaborado

con músicos e grupos entre os que cabe citar a: Milladoiro, The Chieftains,

Los Piratas, Rodrigo Romaní, Susa- na Seivane, Mercedes Peón, Uxía,

Chouteira, Pilocha, Antón Seoane, Alfolíes, Sandeep Das, Wu Tong.

Productor artístico de Riobó e Rústica (Cristina Pato, Davide Salvado, Ro-

berto Comesaña e Anxo Pintos). En 2018 publícase Beiralúa, o último

traballo da Orquestra Folk de Galicia SonDeSeu no que aparece a súa obra

San Martiño, unha suite de 15 min. de duración. No 2019 tamén, asina a

música do espectáculo de danza, Entresoños para a compañía de Fran

Sieira. En 2023 compón a Suite Micelio para arpa Céltica e Orquestra Folk

estreada pola OFG SonDeSeu no Noia Harp Fest

A súa actividade escénica levouno a ser convidado polo virtuoso chinés do

Sheng, Wu Tong, ata en catro ocasións entre o 2019 e 2020. Na cerimonia

de clausura da Beijing EXPO 2019 diante do presidente Li, na cerimonia de

clausura do Festival Internacional de Cine de Hainan, na gala da final

mundial do Chinese Bridge do Instituto Confucio e no Spring Festival de Hot-

hot en Inner Mongolia en xaneiro de 2020.


En 2019 funda xunto a Begoña Riobó o dúo PÄRBO que canaliza en boa

medida a súa actividade escénica presente.


No eido da zanfona, foi precursor á hora de elaborar e sistematizar unha

técnica que permitira abranguer a aprendizaxe e interpretación do repertorio

tradicional galego. Froito deste traballo, é posible apreciar hoxendía a

influencia da súa laboura á hora de entender este instrumento en Galicia. Foi

mestre de zanfona durante once anos no Departamento de Música Tradicional da Escola de Artes e Oficios Municipal de Vigo. Na actualidade é

presidente da Fundación SondeSeu e compatibiliza o seu labor na ETRAD

(Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo) como mestre de

zanfona, harmonización e arranxos, conxunto instrumental I, II do Itinerario Avanzado, Aula Aberta de Zanfona e community manager, co da direción da sección de zanfonas da Orquestra Folk de Galicia "SonDeSeu".




No hay comentarios:

Publicar un comentario