Xaquín Xesteira Entroncado dende neno na música tradicional, tivo como principal mestre ao gaiteiro Nando Casal. Cursou estudios de gaita no que no seu momento era o Conservatorio Superior de Música de Vigo. Participou como gaiteiro e percusionista en varios concertos do grupo MILLADOIRO, e na gravación dos discos "Os Tempos Son Chegados", do grupo NA LÚA, "Sempre e Máis Despois" de FUXAN OS VENTOS, “Albeida” e “Cantos Caucanos” de RODRIGO ROMANÍ, “O Aghinaldo” de MALVELA, “Meniños Cantores” producido por PAI, e “O quiquiriquí” da Asociación de Gaiteiros Galegos.
Foi produtor artístico dos traballos discográficos da AGRUPACIÓN ABERTAL de A Rúa de Valdeorras (Ourense), PEDRAQUETIÑA (Toutón-Mondariz) e CANTIGAS E AGARIMOS (Santiago de Compostela).
Presidente da Fundación Sondeseu e director das Seccións de Gaita e Percusión da Orquestra Folk SondeSeu. Autor do libro- cd MÉTODO DE GAITA GALEGA I e MÉTODO DE GAITA GALEGA II publicados no ano 2007 por Edicións do Cumio.
Compoñente e cofundador do grupo TREIXADURA con quen ten editado 7 traballos discográficos; e tamén é compoñente do grupo OS FAÍSCAS DE SOLOBEIRA.
Dende xuño de 2015 é director do coro CANTIGAS E AGARIMOS, de Santiago de Compostela con quen editou o traballo discográfico titulado O CORAZÓN ABERTO (2018).
É director da Orquestra Folk SonDeSeu e coordenador das seccións de Gaita, Percusión e Contrabaixo. É patrono da Fundación SonDeSeu.
Foi mestre de gaita e percusión no Departamento de Música Tradicional da Escola de Artes e Oficios Municipal de Vigo e na actualidade é mestre de gaita na ETRAD (Escola de Música Folk e Tradicional do Concello de Vigo).
No hay comentarios:
Publicar un comentario