Estudou Arpa Céltica con Rodrigo Romaní, violín clásico con Natalia Soltan, Armando Toledo e Serguei Maximov, zanfona con Anxo Pintos, violín folk con Alfonso Franco e Jacky Molard.
Licenciada en Historia da Arte, especializada nos itinerarios de música e arte contemporánea. Titulada profesional de Violín. Begoña é unha violinista de referencia no panorama folk gallego. No eido da música, co- meza a súa andaina profesional no ano 2000.
Formou parte da banda de “Carlos Núñez” durante sete anos, experiencia que a levou a gravar 4 traballos discográficos: “Almas de Fisterra” (Sony 2003), “Carlos Nuñez e Amigos (Sony 2004), (Premio da Musica ó mellor disco de música tradicional 2005). “Cinema do mar “ (Sony 2005), e “Nuit Celtique II” DVD en directo no Stade de France (2003); a pisar teatros e festivais ao longo e ancho dos cinco continentes e a tocar coas primeiras figuras do panorama folk, entre os que cabe citar a Noa, The Chieftains, Dan Ar Braz, Sharon Shanon, Solas, etc.
Foi membro fundador do grupo “Irtio” obtendo o 1º premio no Concurso de Música Folk "Xacobeo ́99" e con quen gravou o seu 1o CD "Mar de Pedra" (Discmedi 2002).
Durante os cursos 2007-08 e 2008-09, impartiu asignaturas vencelladas ao departamento de Historia da Música do Conservatorio Superior de Música de Vigo.
Forma parte da sección de violíns da Orquesta Folk de Galicia "SondeSeu" con quen gravou "Mar de Vigo", "Trastempo", “Barlovento", "Danzas Brancas” e “Beiralúa”, traballo no que gravou como violín solista a suite San Martiño. Foi colaboradora habitual nos directos do trío “Lizgairo” e dos gaiteiros: “Anxo Lorenzo”, “Susana Seivane” e "Xosé Manuel Budiño” entre outros.
Liderou ata o 2017 a súa propia formación: "Riobó", coa que ten editada dous traballos discográficos: "Riobó" (Zouma 2011) e "Quiral" no 2015.
Imparte cursos volcados no ensino do violín no eido da música tradicional como o curso do Festcat en Girona (2011), e o "Crisol de Cuerda" dende o ano 2011 ata 2019, o único Fiddle Camp que Alasdair Fraser e Natalie Hass organizan en España.
Foi mestra tamén no 2018 no "Skye Trad Strings”, campamento que organiza Alasdair Fraser na Illa de Skye (Escocia), nas dúas edicións do Barcelona Fiddle Congress, ou no San Simón Fiddle, o campamento de verán organizado pola asociación Galicia Fiddle en todas as súas edicións, incluída a de 2021. En agosto de 2019 foi mestra de violín Folk no “Valley of the Moon Fiddle Camp” de California (EUA), que dirixe Alasdair Fraser. Tamén na edición de 2021.
Como arpista, exerceu de solista na estrea da Suite “Micelio” de Anxo PIntos, celebrada no Noia Harp Fest de 2023 pola Orquestra Folk de Galicia SonDeSeu, e a toca no dúo Pärbo, o seu actual proxecto escénico dende 2019, xunto ao zanfonista Anxo Pintos.
É mestra de Arpa Céltica, Conxunto Instrumental, Etnomusicoloxía, Aula Aberta de Arpa e Práctica Orquestral na Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo ETRAD e coordinadora da sección de violíns da Orquestra Folk SonDeSeu.
No hay comentarios:
Publicar un comentario